Unha das funcionalidades de Inkscape é unha ferramenta para vectorizar unha imaxe de mapa de bits nun elemento <path> dun debuxo SVG. Estas pequenas notas deberían axudarlle a coñecer como funciona.

Agora mesmo Inkscape utiliza o motor de vectorización de mapas de bits Potrace (potrace.sourceforge.net) de Peter Selinger. No futuro agardamos que se poidan usar diferentes programas de vectorización; por agora, non obstante, esta excelente ferramenta é máis ca suficiente para as nosas necesidades.

Teña en conta que o propósito do Vectorizador non é reproducir un duplicado exacto da imaxe orixinal; está pensado para producir un producto final. Ningún vectorizador automático pode facer iso. O que fai é darlle un conxunto de curvas que pode usar coma un recurso para o seu debuxo.

Potrace interpreta un mapa de bits en branco e negro, e produce un conxunto de curvas. Agora mesmo temos tres tipos de filtros de entrada para converter dende a imaxe en bruto a algo que Potrace poida usar.

Xeralmente, canto máis escuros sexan os pixels na imaxe intermedia, máis vectorización realizará Potrace. Coma a cantidade de vectorización aumenta, requerirase máis tempo de CPU, e o elemento <path> será máis grande. Suxírese que o usuario experimente con imaxes intermedias máis claras primeiro, probando gradualmente con imaxes máis escuras para obter a proporción e a complexidade do camiño de saída desexados.

Para usar o vectorizador, cargue ou importe unha imaxe, selecciónea, e seleccione Camiño > Vectorizar Mapa de Bits, ou prema Shift+Alt+B.

An example image

O usuario verá as tres opcións de filtro dispoñibles:

Isto simplemente usa a suma do vermello, o verde e mailo azul (ou escala de gris) dun pixel coma un indicador de se debe ser considerado negro ou branco. O limiar pode establecerse dende 0.0 (negro) a 1.0 (branco). Canto maior sexa o valor do limiar, menor será o número de pixels considerados coma "branco", e a imaxe intermedia será máis escura.

An example image

Isto usa o algoritmo de detección de bordos ideado por J. Canny coma un xeito de atopar rápidamente isoclinas de contraste similar. Isto producirá un mapa de bits intermedio que se parecerá menos á imaxe orixinal que o resultado do «Limiar de brillo», pero probablemente proporcionará información de curvas que de outro xeito se ignorarían. A opción de limiar de aquí (0.0 – 1.0) axusta o limiar de brillo para determinar se un píxel adxacente a un bordo de contraste se vai incluír na saída. Esta opción pode axustar a escuridade ou o grosor do bordo da saída.

An example image

O resultado deste filtro producirá unha imaxe intermedia que é moi diferente das outras dúas, pero que é moi útil. En vez de mostrar isoclinas de brillo ou contraste, isto atopará os bordos onde cambian as cores, incluso con igual brillo e contraste. A opción «Número de cores» decide cantas cores haberá na saída se o mapa de bits intermedio está a cor. Tamén decide branco/negro dependendo de se a cor ten un índice par ou impar.

An example image

O usuario debe probar os tres filtros, e observar os diferentes tipos de saída para os diferentes tipos de imaxes de entrada. Sempre haberá unha imaxe na que un funciona mellor cós outros.

Suxírese que o usuario use Camiño > Simplificar (Ctrl+L) no camiño de saída para reducir o número de nodos. Isto pode facer que a saída de Potrace sexa máis fácil de editar. Por exemplo, aquí está unha vectorización típica de Old Man Playing Guitar:

An example image

Mire o gran número de nodos do camiño. Despois de darlle a Ctrl+L, este é o resultado:

An example image

A representación é un pouco máis aproximada e angulosa, pero o debuxo é moito máis fácil de editar. Teña en conta que o que vostede quere non é unha vectorización exacta da imaxe, senón un conxunto de curvas que poida usar no seu debuxo.