Este titorial aborda as catro ferramentas de figura: Rectángulo, Elipse, Estrela e Espiral. A continuación mostraremos as capacidades das figuras de Inkscape veremos exemplos de como e cando se poden usar.

Use Ctrl+frechas, a roda do rato, ou arrastre co botón central do rato para desprazar a páxina cara abaixo. Para ver os fundamentos sobre a creación, selección e transformación de obxectos consulte o titorial de Fundamentos que está dispoñible en Axuda > Titoriais.

Inkscape dispón de catro versátiles ferramentas de figura, cada unha delas capaz de crear e modificar o seu propio tipo de figura. Unha figura é un obxecto que se pode modificar de formas diferentes dependendo do tipo de figura, usando asas que se poden arrastrar e parámetros numéricos que determinan a aparencia da figura.

Por exemplo nunha estrela pode modificar o número de puntas, a súa lonxitude, o seu ángulo, o redondeo, etc. — pero unha estrela segue sendo unha estrela. Unha figura é "menos libre" que un simple camiño, pero a miúdo é máis interesante e útil. Sempre pode converter unha figura nun camiño (Ctrl+Maiús+C), pero a conversión inversa non é posible.

As ferramentas de figura son o Rectángulo, a Elipse, a Estrela, e a Espiral. Vexamos primeiro como funcionan en xeral as ferramentas de figura; despois investigaremos cada tipo de ferramenta con detalle.

Consellos xerais

Unha figura nova créase arrastrando no lenzo ca ferramenta correspondente. Unha vez que se creou a figura (e mentres estea seleccionada), esta mostra as súas asas como marcas con forma de diamante, de forma que pode modificar no momento arrastrando mediante ditas asas o que acaba de crear.

Os catro tipos de figuras mostran as súas asas cas catro ferramentas de figura e tamén ca ferramenta Nodo (F2). Cando pasa co rato por riba dunha asa indícaselle na barra de estado o que pode facer dita asa ao arrastrala ou premer nela con diferentes modificadores.

Ademais cada ferramenta de figura mostra os seus parámetros na barra de controis da ferramenta (que é horizontal e está enriba do lenzo). Normalmente ten uns poucos campo de entrada numéricos e un botón para restablecer as predefinicións. Cando se seleccionan figuras do tipo creado pola ferramenta actual, os valores de edición da barra de controis cambian aos valores das figuras seleccionadas.

Calquera cambio que se faga na barra de controis lémbrase e úsase para o seguinte obxecto que debuxe con esa ferramenta. Por exemplo, despois de cambiar o número de puntas dunha estrela, as novas estrelas tamén terán este número de puntas ao debuxalas. É máis, incluso a simple selección dunha figura envía os seus parámetros á barra de controis da ferramenta e polo tanto define os valores das novas figuras deste tipo que se creen.

Cando use unha ferramenta de figura pode seleccionar un obxecto premendo nel. Ctrl+clic (seleccionar nun grupo) e Alt+clic (seleccionar debaixo) tamén funcionan igual que na ferramenta Selector. Esc deselecciona.

Rectángulos

Un rectángulo é a figura máis simple pero quizais a máis común no deseño e na ilustración. Inkscape intenta facer a creación e modificación de rectángulos todo o simple e útil posible.

Cambie á ferramenta Rectángulo premendo F4 ou premendo no seu botón na barra de ferramentas. Debuxe un novo rectángulo a carón deste rectángulo azul:

An example image

Agora, sen deixar a ferramenta Rectángulo, cambie a selección dun rectángulo ao outro premendo nel.

Atallos de teclado para debuxar rectángulos:

Como pode ver o rectángulo seleccionado (o cadrado acabado de debuxar sempre está seleccionado) mostra tres asas en tres das súas esquinas. De feito hai catro asas, pero dúas delas (as da esquina superior dereita) sobrepóñense cando o rectángulo non está redondeado. Estas dúas son as asas de redondeo; as outras dúas (a da esquina superior esquerda e a da inferior dereita) son as asas de redimensionamento.

Fixémonos primeiro nas asas de redondeo. Seleccione unha e arrástrea cara abaixo. As catro esquinas do rectángulo redondeanse, e pode ver outra asa de redondeo — permanece na súa posición orixinal na esquina. Se desexa obter esquinas redondeadas circulares, isto é todo o que ten que facer. Se desexa obter esquinas máis redondeadas cara un lado que cara o outro pode mover esoutra asa cara a esquerda.

Aquí debaixo os dous primeiros rectángulos teñen esquinas redondeadas circulares, e os outros dous teñen esquinas redondeadas elípticas:

An example image

Seguindo ca ferramenta Rectángulo, prema agora nestes rectángulos para seleccionar e observar as súas asas de redondeo.

A miúdo o raio e a forma das esquinas redondeadas debe ser constante en toda a composición, incluso se os tamaños dos rectángulos son diferentes (pense en diagramas con caixas redondeadas de diferentes tamaños). Inkscape fai que isto sexa fácil. Cambie á ferramenta Selector; na súa barra de controis de ferramenta hai un grupo de catro botóns, o segundo empezando pola esquerda mostra dúas esquinas redondeadas concéntricas. Así é como se controla se as esquinas redondeadas se escalan ou non cando se escalan os rectángulos.

Por exemplo aquí abaixo o rectángulo vermello orixinal duplicouse e escalouse varias veces, cara arriba e cara abaixo, con diferentes proporcións, tendo desactivado o botón "Escalar as esquinas redondeadas dos rectángulos":

An example image

Pode comprobar que o tamaño e a forma das esquinas redondeadas é a mesma en todos os rectángulos, de forma que os redondeos se aliñan de forma exacta na esquina superior dereita onde todos os rectángulos se reúnen. Todos os rectángulos azuis punteados obtéñense a partir do rectángulo vermello orixinal escalando no Selector, sen ningún axuste manual das asas de redondeo.

Compare agora o resultado da mesma composición que se creou esta vez co botón "Escalar as esquinas redondeadas dos rectángulos" activado:

An example image

Agora as esquinas redondeadas son tan diferentes como os rectángulos aos que pertencen, e non hai ningún parecido na esquina superior dereita (aumente o zoom para comprobalo). Este é o mesmo resultado (visible) que obtería convertendo o rectángulo orixinal nun camiño (Ctrl+Maiús+C) e escalándoo como camiño.

Aquí ten os atallos para as asas de redondeo dun rectángulo:

Pode que se decatara de que na barra de controis da ferramenta Rectángulo móstranse os raios de redondeo horizontal (Rx) e vertical (Ry) do rectángulo seleccionado e que lle permite definilos de forma precisa usando calquera unidade de lonxitde. O botón Non redondeado fai o que di — elimina o redondeo dos rectángulos seleccionados.

Unha vantaxe importante destes controis é que lle poden afectar a varios rectángulos á vez. Por exemplo, se desexa cambiar todos os rectángulos da capa, só ten que premer Ctrl+A (Seleccionar todo) e definir os parámetros que precise na barra de controis. Se se selecciona algo que non sexa un rectángulo, ignorarase — só cambiarán os rectángulos.

Vexamos agora asas de redimensionamento dun rectángulo. Poderíase estar preguntando para que as necesitamos, se se pode redimensionar perfectamente ben o rectángulo usando o Selector.

O problema que ten o Selector é que a súa noción de horizontal e vertical sempre é a da páxina do documento. En cambio as asas de redimensionamento dun rectángulo escálano ao longo dos lados do rectángulo, incluso cando se rota ou inclina o rectángulo. Por exemplo, probe a redimensionar primeiro este rectángulo co Selector e despois cas súas asas de redimensionamento usando a ferramenta Rectángulo:

An example image

Xa que hai dúas asas de redimensionamento poderá redimensionar o rectángulo en calquera dirección ou incluso movelo ao longo dos seus lados. As asas de redimensionamento sempre conservan o raio de redondeo.

Aquí ten os atallos para asas de redimensionamento:

Aquí ten o mesmo rectángulo, con liñas de puntos grises que mostran as direccións ás que se axustan as asas de redimensionamento ao arrastralas usando Ctrl (próbeo):

An example image

Inclinando e rotando un rectángulo, e duplicándoo e redimensionándoo usando as súas asas de redimensionamento pódense crear composicións en 3D de forma sinxela:

An example image

Aquí ten algúns exemplos máis de composicións de rectángulos, incluíndo redondeos e recheos con degradados:

An example image

Elipses

A ferramenta Elipse (F5) pode crear elipses e círculos, que se poden converter en sectores ou arcos. Os atallos de debuxo son os mesmos que os da ferramenta Rectángulo:

Investiguemos as asas dunha elipse. Seleccione esta elipse:

An example image

Unha vez máis verá inicialmente tres asas, pero de feito son catro. A asa que está máis á dereita son dúas asas sobrepostas que lle permiten "abrir" a elipse. Arrastre esa asa que está máis á dereita, e despois arrastre a outra asa que estaba debaixo e se fixo visible, para obter unha serie de sectores de diagramas de tarta ou arcos:

An example image

Para obter un sector (un arco e dous raios), arrastre fóra da elipse; para obter un arco arrastre dentro da elipse. Arriba hai 4 sectores á esquerda e 3 arcos á dereita. Teña en conta que os arcos son figuras sen pechar, é dicir, o seu trazo só segue a elipse pero non conecta os extremos do arco. Pode facer que isto sexa máis evidente ao eliminar o recheo e deixar só o trazo:

An example image

Fíxese no grupo de sectores da esquerda. É fácil de crear se se usa o axuste de ángulo das asas usando Ctrl. Aquí ten os atallos de asa para os arcos e sectores:

Pode cambiarse o ángulo de axuste nas preferencias de Inkscape (na lapela Pasos).

As outras dúas asas da elipse úsanse para redimensionala arredor do seu centro. Os seus atallos son semellantes aos das asas de redondeo dun rectángulo:

E o mesmo que cas asas de redimensionamento do rectángulo, estas asas da elipse axusta a altura e a largura da elipse nas propias coordenadas da elipse. Isto significa que unha elipse rotada ou inclinada pode estirarse ou comprimirse facilmente ao longo dos seus eixes orixinais mentres permanece rotada ou inclinada. Probe a redimensionar calquera destas elipses usando as súas asas de redimensionamento:

An example image

Estrelas

As estrelas son a figura máis complexa e máis emocionante de Inkscape. Se desexa deixar parvos aos seus amigos con Inkscape déixelles xogar ca ferramenta Estrela. O gozo nunca acaba — e é claramente adictivo!

A ferramenta Estrela pode crear dous tipos de obxectos semellantes pero distintos: estrelas e polígonos. Unha estrela ten dúas asas que definen a lonxitude e a forma das súas puntas; un polígono só ten unha asa que simplemente rota e redimensiona o polígono ao arrastrala:

An example image

Na barra de Controis da ferramenta Estrela o primeiro que aparece é unha caixa de verificación para converter unha estrela no polígono correspondente e de volta nunha estrela. A continuación un campo numérico define o número de vértices dunha estrela ou polígono. Este parámetro só se pode editar mediante a barra de Controis. O intervalo de valores permitidos vai de 3 (obviamente) a 1024, pero non debería probar números grandes (por exemplo maiores de 200) se o seu ordenador é lento.

Ao debuxar unha nova estrela ou polígono,

Naturalmente unha estrela é unha figura moito máis interesante (aínda que os polígonos son a miúdo moitos máis útiles na práctica). As dúas asas dunha estrela teñen funcións lixeiramente diferentes. A primeira asa (que inicialmente está nun vértice, é dicir nunha esquina convexa da estrela) fai que os raios da estrela se alonguen ou se acurten, pero cando se rota a asa (en relación ao centro da figura), a outra asa tamén rota. Isto quere dicir que non pode inclinar os raios dunha estrela usando esta asa.

A outra asa (que inicialmente está nunha esquina cóncava entre dous vértices) en cambio pode moverse libremente tanto radialmente como tanxencialmente, sen afectarlle á asa do vértice. (De feito esta asa pode converterse nun vértice ao movela máis lonxe do centro que a outra asa). Esta é a asa que pode inclinar as puntas da estrela para conseguir todo tipo de cristais, mandalas, flocos de neve e porco espiños:

An example image

Se só desexa obter unha estrela normal e simple sen eses reviraganchos, pode facer que a asa de inclinación se comporte como unha asa que non incline:

O campo de relación de aspecto que está na barra de Controis define a relación entre as distancias das dúas asas ao centro, e é un complemento útil para o arrastre das asas no lenzo.

As estrelas de Inkscape agochan máis trucos. En xeometría un polígono é unha figura con lados rectos e esquinas puntiagudas. En troques, no mundo real normalmente existen diferentes niveis de curvatura e redondez — e Inkscape tamén pode facer iso. Aínda así, redondear unha estrela ou polígono é un pouco diferente a redondear un rectángulo. Non hai unha asa dedicada para isto, pero

«Tanxencialmente» significa nunha dirección perpendicular á dirección cara ao centro. Se «rota» unha asa no sentido contrario ás agullas do reloxo usando Maiús arredor do centro obterá unha redondez positiva; se rota no sentido das agullas do reloxo obterá unha redondez negativa. (Mire abaixo para ver exemplos de redondez negativa).

Aquí ten unha comparación dun cadrado redondeado (ferramenta Rectángulo) cun polígono de 4 lados redondeado (ferramenta Estrela):

An example image

Como pode ver, mentres un rectángulo redondeado ten segmentos de recta nos seus lados e esquinas redondeadas circulares (normalmente elípticas) un polígono ou estrela redondeado non ten ningunha liña recta; a súa curvatura varía lixeiramente desde o máximo (nas esquinas) ata o mínimo (a medio camiño entre as esquinas). Inkscape fai isto simplemente engadindo tanxentes de Bézier colineares a cada nodo da figura (pode velas se converte a figura nun camiño e o examina ca ferramenta Nodo).

O parámetro Redondez, que pode axustar na barra de Controis, é a relación entre a lonxitude destas tanxentes e a lonxitude dos lados do polígono/estrela aos que son adxacentes. Este parámetro pode ser negativo, o que fai que se inverta a dirección das tanxentes. Os valores arredor de 0,2 e 0,4 proporcionan da redondez «normal» que pode agardar; outros valores tenden a producir patróns bonitos, intricados e totalmente impredicibles. Unha estrela cun valor de redondez moi grande pode chegar máis alá das posicións das súas asas. Aquí ten uns poucos exemplos cada un cunha indicación do seu valor de redondez:

An example image

If you want the tips of a star to be sharp but the concaves smooth or vice versa, this is easy to do by creating an offset (Ctrl+J) from the star:

An example image

Usar Maiús+arrastrar nas asas dunha estrela en Inkscape é un dos mellores enredos coñecidos pola humanidade. Pero aínda pode ser mellor.

To closer imitate real world shapes, Inkscape can randomize (i.e. randomly distort) its stars and polygons. Slight randomization makes a star less regular, more humane, often funny; strong randomization is an exciting way to obtain a variety of crazily unpredictable shapes. A rounded star remains smoothly rounded when randomized. Here are the shortcuts:

As you draw or handle-drag-edit a randomized star, it will “tremble” because each unique position of its handles corresponds to its own unique randomization. So, moving a handle without Alt re-randomizes the shape at the same randomization level, while Alt-dragging it keeps the same randomization but adjusts its level. Here are stars whose parameters are exactly the same, but each one is re-randomized by very slightly moving its handle (randomization level is 0.1 throughout):

An example image

And here is the middle star from the previous row, with the randomization level varying from -0.2 to 0.2:

An example image

Use Alt+arrastrar nunha asa da estrela central desta fila e observe como se vai transformando nas súas estrelas veciñas tanto da dereita como da esquerda — e como segue cambiando de forma.

Probablemente atope os seus propios usos para as estrelas aleatorias, pero persoalmente encántanme as manchas con forma de ameba redondeada e os planetas bastos con paisaxes fantásticas:

An example image

Espirais

A espiral de Inkscape é unha figura versátil, e aínda que non é tan complicada como a estrela a veces é moi útil. Unha espiral, ao igual que unha estrela, debúxase desde o centro; ao debuxar e tamén ao editar,

Unha vez debuxada, unha espiral ten dúas asas nos seus extremos interior e exterior. As dúas asas ao arrastralas, enrolan ou desenrolan a espiral (é dicir «continuan» a espiral, cambiando o número de revolucións). Outros atallos son:

Asa exterior:

Asa interior:

A diverxencia dunha espiral é a medida da non linearidade das súas revolucións. Cando é igual a 1, a espiral é uniforme; cando é menor de 1 (Alt+arrastrar cara arriba) a espiral é máis densa na periferia; cando é maior de 1 (Alt+arrastrar cara abaixo) a espiral é máis densa no centro:

An example image

O número máximo de voltas da espiral é 1024.

Ao igual que a ferramenta Elipse non só é boa para facer elipses senón tamén para facer arcos (liñas de curvatura constante), a ferramenta Espiral é útil para facer curvas cuxa curvatura varía lixeiramente. Comparada cunha simple curva Bézier, un arco ou unha espiral normalmente é máis conveniente porque pode alongala ou acurtala arrastrando unha asa ao longo da curva e sen afectarlle á súa forma. Aínda que normalmente as espirais se debuxan sen recheo, tamén pode engadirlle un recheo e eliminar o trazo para conseguir efectos interesantes.

An example image

Especialmente interesante son as espirais con trazo punteado — combinan a suave concentración da figura con marcas normais equidistantes (puntos ou guións) para obter efectos de «moiré» fermosos:

An example image

Conclusión

As ferramentas de figura de Inkscape son moi potentes. Aprenda os seus trucos e xogue con elas só por pracer — isto valerá a pena cando faga deseños, porque o uso de figuras en vez de simples camiños a miúdo fai que sexa máis rápido crear arte vectorial e máis fácil modificalo. Se ten ideas para mellorar as figuras, por favor contacte cos desenvolvedores.